Contegra II

Despois da experiencia o pasado mes de setembro coa primeira edición do proxecto europeo 'Contegra', dende Queixumes dos pinos estamos a preparar xa unha segunda edición da que pronto poderemos anunciar máis datos.


'Contegra' é un programa europeo de intercambios entre a xuventude, integrado no programa 'Juventud en acción', organizado por Queixumes dos pinos e financiado co apoio e fondos da Unión Europea.

Gala XX aniversario, Un sono cumplido

A nova proposta que Queixumes dos pinos trae ós escenarios de toda Europa é unha viaxe por un mundo onírico no que todo é posible, no que a música e a danza nos despegarán de realidade para vivir ‘Un soño’.

Sobre o escenario, unha trintena de bailaríns que presentarán vistosas e variadas coreografías, algunhas delas nunca antes representadas sobre un escenario. coas que a agrupación pretende sorprender e atrapar ó espectador cunha ampla variedade de ritmos e movementos, sempre baixo o trepidante ritmo característico das actuacións de Queixumes dos pinos.



O escenario énchese non só de luces e cores senón de ata cinco vestiarios diferentes e multitude de obxectos que enriquecen a posta en escena, dende apeiros de labranza ata candís ou patelas, que transportarán ós espectadores a outro lugar e outro tempo.



Á vistosidade do visual, hai que sumarlle un traballado apartado sonoro no que Queixumes dos pinos innova coa incorporación non só de voces masculinas e instrumentos como as latas, nunca antes presentes nos seus espectáculos, senón dunha pequena orquestra que dotará á ampla selección de cancións que se interpretan de matices e variacións moi pouco habituais na música tradicional. Como ven sendo habitual na agrupación, ás tradicionais gaitas súmanselle o ritmo das pandeiretas, bombo e tamboril e as melodías do acordeón. Pero, nesta ocasión, a composición sonora complétase con instrumentos modernos.


‘Un soño’ non é só un espectáculo de danza. É unha viaxe ó descoñecido, a un lugar inexplorado no que todo é posible.

Próximas actuacións


Neste comenzó de tempada estival do ano 2014 Queixumes dos Pinos volve estar ateigado de actuacións e colaboracions.

O 24 de maio no Auditorio Municipal de Ourense a celebración da gala de XX aniversario.


O 14 de xuño actuaran no festival de Folclore de Barro ( Pontevedra)

O 22 de xuño estarán presentes na Procesion do Corpus 2014 en Ourense.

O 29 de xuño estarán colaborando coa Fundación Otero Pedrayo na entrega do Premio deste ano 2014.

Xa no mes de agosto estarán de Xira por Italia participando no festival Internacional Citta dei Trulli en Alberobello, no World Folk Star en San Giovani Rotondo e no festival de Folclore en Morano Calabro.

A xira rematara coa visita da Agrupación as instalacions de Ferrari en Fiorano. 





Premios

Escolas

Percusión

A percusión é unha parte fundamental da música galega. Por iso, ademáis das clases de pandeireta, a escola de Queixumes dos pinos completa a súa oferta de clases co tamboril e  o bombo, dous dos instrumentos que están sempre presentes xunto coa gaita nos grupos de música tradicional.




Para solicitar máis información ou matricularse pode visitarse en calquera momento do curso a sede da agrupación sita na rúa Zurbarán nº25 Baixo no Barrio do Couto en Ourense. Tamén se pode contactar con nós nos teléfonos 988 104 367 e 686 961 514 ou no correo electrónico qdp.our@gmail.com.

Gaita

Unha das disciplinas históricas dentro da escola de 'Queixumes dos pinos' é a gaita que, de feito, é un dos departamentos nos que a agrupación ten sido premiada.

As clases, a cargo de Javier Coya, están dirixidas a alumnos de todas as idades que queiran aprender a arte da gaita, adquirindo as destrezas e os coñecementos musicais suficientes como para interpretar un amplo repertorio de cancións co instrumento máis típicamente galego.


Para solicitar máis información ou matricularse pode visitarse en calquera momento do curso a sede da agrupación sita na rúa Zurbarán nº25 Baixo no Barrio do Couto en Ourense. Tamén se pode contactar con nós nos teléfonos 988 104 367 e 686 961 514 ou no correo electrónico qdp.our@gmail.com.

Canto e pandeireta

Xunto coa danza e a gaita, outra das áreas de formación históricas dentro da agrupación é a de canto e pandeireta, empregando como base o grupo de cantareiras da agrupación.

Na actualidade, as clases desta disciplina ampliáronse co obxectivo de diversificar a formación, facéndoa máis completa en canto a contidos, pero tamén en canto a niveis. Por iso, ofrecemos clases de pandeireta para adultos, e para rapaces a partir dos 5 anos.



Para solicitar máis información ou matricularse pode visitarse en calquera momento do curso a sede da agrupación sita na rúa Zurbarán nº25 Baixo no Barrio do Couto en Ourense. Tamén se pode contactar con nós nos teléfonos 988 104 367 e 686 961 514 ou no correo electrónico qdp.our@gmail.com.

Danza

Cantareiras

Cantareiros

O folclore no camiño

Un peregrino parte de Ourense camiño de Santiago de Compostela nunha viaxe máxica chea de música e danza.  



Esta é a proposta de Queixumes dos pinos, nun espectáculo para teatros e auditorios no que se combina a música, a danza e o espectáculo con proxeccións audiovisuais.


 
Sobre o escenario, unha trintena de músicos e bailaríns que interpretan unha vintena de pezas de gaita, pandeireta e danza poñendo sobre o escenario vistosas e variadas coreografías.



As danzas que compoñen ‘O folclore no camiño’ son unha selección de coreografías diferenciadas que buscan sorprender ó público a cada momento. Por iso, o escenario énchese non só de luces e cores senón de ata cinco vestiarios diferentes e multitude de obxectos que enriquecen a posta en escena, dende apeiros de labranza ata candís e paraugas.


‘O folclore no camiño’ non é só un espectáculo de danza. É tamén unha historia, a historia dun peregrino que viaxa a Santiago de Compostela mentres descubre a riqueza cultural de Galicia, unha historia que da sentido a todo o que o espectador vai a ver.


‘O folclore no camiño’ non é unha simple actuación de danza. É un espectáculo de preto de hora e media de duración no que se combinan equilibradamente danza, espectáculo e entretemento.



Percorrido

Ó longo da súa historia 'Queixumes dos pinos' leva actuado por escenarios de toda Galicia, pero tamén por España e por diferentes países de Europa.


- Palma de Mallorca (12 ó 15 do 08-97)
- Festival Tradicional de Randufe (Tui). (02-08-97)
- Feira de Mostras de San Martín de Oscos (Asturias) (23 e 24-08-97)
-Festival de danza Santiago Apostolo en Santiago de Compostela ( Xullo de 1998 )
- Festival Internacional de Folclore " As Trigueirinhas do Pisao " Oporto, Portugal ( Agosto de 1998 ).
- Festival Internacional Andorinhas de Espargo- Espargo- Portugal ( Xullo 1999 )
- Festival Internacional as Camelias de Paiao- Figueira Foz – Portugal ( Xullo 1999 )
- Centro Galego de Barcelona. ( Xuño de 1999 )
- Festival de San Lourenzo en Segovia. ( Agosto de 1999 )
- Festas de Ávila ( Muñomer del Peco ) ( Setembro de 1999, 2001 )
- Festival de folclore de La Bañeza ( Agosto de 1999 )
- Programa Veo Veo Xacobeo 99 ( marzo e abril 1999) ( MAIO E XULLO 2002)

- Festival de folclore do Centro Galego O Noso Lar en Terrasa- Barcelona.( 12,13,14 mayo 2000).
 - Festival Mundial Juvenil Regional en Friuli, Italia. ( del 4 al 12 de julio del 2000).
- Festival de Musicas del Mundo e ISSOIRE Francia ( del 14 al 23 de julio del 2000)
- Festival Internacional de Vilanova de Famaliçao ( Portugal) o 13 de Agosto do 2000.
 - Festival de Folklore da AAVV de Lavadores en Vigo o día 2 de setembro do 2000.
- Festival Internacional de folclore de Chipre. ( del 18 al 31 Julio del 2001)
- Festival de folclore DANETZARE – (Alemania) del 28 junio al 3 julio del 2001.
- I, II, III, IV, V FESTIVAL DE FOLCLORE GALEGO CIDADE DAS BURGAS. 17 DE MAIO
- Gala benéfica AFAOR Teatro Principal 28 de setembro do 2001.
- Xuntanza Internacional de Gaiteiros ESGOS 2002. Maio 2002
- Festival Internacional de Xuvenil de Friuli (Italia) Xullo 2002.
- Festival de folklore de Klagenfurt (Austria) Xullo 2002
 - Festival Internacional de Folclore de Vairao. Xullo 2002. (Portugal)
- Fiestas Patronales de Santa Ana en Aguadulce y Roquetas de Mar (Almería) Xullo de 2002.
- Festival Internacional de Exaltación a los Corazones de Tejina (Santa Cruz de Tenerife) Agosto 2002. - León ( 22-06-2003)
- Festival Internacional de Folclore de Bitburg (Alemania) Xullo 2003.
- Festival de folclore internacional de Pola de Siero ( Asturias) Xullo de 2003.
- Festival internacional de Molina de Segura (Murcia) Agosto de 2003.
- Festival de Folclore internacional de Felgueiras ( Guimaraes- Portugal) Agosto de 2003.
- Festival de Folclore Internacional de Santa María da Feira (Portugal) ( 25-27 de xullo de 2003)
 - Festival Internacional de Cerdanyola del Vallés (Barcelona) Xullo de 2004.
- Festival de folclore Internacional Cidade de Klagenfurt (Austria) Xullo de 2004.
- Nervir - Vila Real (Portugal) Xuño e Novembro de 2004.
- Teatro Principe Felipe de Oviedo setembro de 2004.
- Festival de Folclore Galego A Peregrina en Pontevedra ( Agosto 2004)
- Festival de folclore Internacional de Constantin (Portugal)

- Festival de Folclore internacional en Ponte de Lima (Portugal) (2005-2006-2007-2008 en setembro)
- Espectáculo teatro Principe Felipe de Oviedo (setembro de 2005)
- Festival de Folclore Internacional de Cornualles (Quimper- Francia) xullo de 2006
- Festival de Folclore Internacional de Issoire (Francia) 2006
- Certamen de intercambio sobre ideas de potenciación del Folclore Galaico-Asturiano. Pola de Siero- Asturias. Decembro de 2006.
- Festival de Folclore Internacional I Bambini del Mondo- Sicilia, Italia 2007.
- Festival Internacional de Bidasoa (Xuño de 2007)
- Festival Internacional de Folclore del Friuli (Italia) xullo de 2007.
- Festival de Folklore Internacional de Seeboden (Austria) xullo de 2007
- Festiva lde Folclore Internacional de Gumiraes (Portugal) xullo de 2007.
- Festival de Folclore Internacional de Kavala (Grecia) Agosto de 2007.
- Festival Asociación de Veciños de Cabral – 24 de novembro 2007.
- Festival Internacional de Folclore de Gap, Francia.
- Francia ( 17-22 xullo de 2008) - Festival de Folclore Internacional de Viseu 15 de agosto 2008. Portugal - Festival de Folclore Internacional de Bistrita – Rumanía ( 8-12 de xullo de 2008)
- Festas mayores de Ponte de Lima ( 21 de setembro de 2008- Portugal.
- Lisboa Portugal ( Mascara Iberica) 15-5-2009.
- 4ª Festival Eurometerrraneo de FolcloreLimassol- Chipre ( Agosto 2009)
- Mezdirodni Praga (República Checa) Agosto 2009
- Festas mayores de Ponte de Lima ( 21 de setembro de 2009- Portugal.
- Gala da Federación de Veciños Limiar ( Teatro Principal Ourense).
- Festival de Folclore Internacional I bambini del Mondo ( Agrigento – Sicilia) Italia Febreiro 2010.
- Festival de Folclore Internacional da Mamarosa ( 6 de Xuño ) Portugal.
- Entrega dos Premios Trasalva 2010 ( Fundación Otero Pedrayo) Ourense 27-6-2010.
- Participación Ourense Dance das Festas do Corpus 2010 coa Cadena 100 ( 26 de Xuño de 2010)
- Participación Mundoculturas 2010 ( Lloret de Mar ) Barcelona 2010.
- Festival de Folclore Internacional de Lublin ( Polonia) 2-8 de Xullo de 2010.
- Actuación en Belgrado, Serbia o 10 de Xullo de 2010.
- Actuación en Aviano Pordenone Italia o 12 de xullo de 2010.
- Festival de folclore Internacional Pazy jamark (Rep. Checa) agosto 2010
- Espectáculo O Camiño Plaza Mayor de Ourense o 9 setembro de 2010.
- Festival de Corales Internacional Auria Canta de Ourense día 10 de setembro no Teatro Principal de Ourense.
- Festival Internacional Infantil hollo ja Martta ( Finlandia) novembro 2010
- Participación Mundoculturas 2011 ( Lloret de Mar ) Barcelona 2011
- Festival internacional de Musicas del Mundo de Issoire, Francia ( Julio 2011)
- Festival de folclore Internacional Pazy Jamark ( Rep. Checa) agosto 2011
- Presentacion espectaculo O Folclore no camiño (Auditorio de Cangas) diciembre 2011
- Participación Mundoculturas 2012 ( Lloret de Mar ) Barcelona 2012.
- Participacion I festival de Folclore concello de Cangas 21 de xullo de 2012.
- Festival Internacional Drieskes Kerremes – Bélxica ( 7-14 agosto de 2012)

Domingos en festa

Todos os domingos, na sede da agrupación sita na Rúa Zurbarán nº 25 Baixo, no barrio do Couto, en Ourense, teñen lugar os 'Domingos en festa', un evento de entrada gratuíta, a modo das tradicionais sesións vermouth, no que todo o mundo está invitado.


 


 


 


 


Cada mes, presentamos unha programación diferente con actuacións novas cada semana. Nos 'Domingos en festa' podemos disfrutar tanto de danza tradicional, como de danza contemporánea, de actuacións de gaiteiros, de actuacións de guitarristas, pianistas, acordeonistas... Todo o mundo ten cabida na programación dos 'Domingos en festa' tanto participando nas actuacións como soamente acudindo como público.

 



 


 


 


 


 
 
Cunha presencia de publico anual de máis de 2500 persoas e cunha participación de entorno ós 450 artistas ó ano fan que este proyecto sexa un referente xa na cidade de Ourense, no cal a prensa faise eco de forma constante.



Polos 'Domingos en festa' xa pasaron artistas como Martín Blanes, Rubén de Lis ou Alex e Cristina, agrupacións como Alma Llanera e escolas como Bayamo, Bieito Blaco, Tempo 18 ou Estilo libre.

Todos os domingos, a partir das 12:30.



Tamén os medios de comunicación locais se fixeron eco das actuacions desenroladas ó abeiro deste programa cultural