'Hoxe facémola nosa festa' é o primeiro espectáculo da agrupación 'Árdelle o eixe'. Os vintecinco bailaríns deste colectivo súbense ó escenario para, a través de coplas de cantigas tradicionais, facer un repaso da cultura galega tradicional galega.
A través de música e proxeccións os espectadores poden facer unha pequena viaxe no tempo para descubrir como se forma unha pequena festa á que, pouco a pouco, se van sumando máis e máis bailaríns. Deste xeito podemos gozar de dende pandeiradas tradicionais a danzas procesionais.