Que é unha Ruada?
Trátase dunha festa popular de carácter tradicional. Comeza, xeralmente á noitiña, coa actuación dun grupo de música tradicional e deriva nunha foliada na que todo o mundo está invitado a tocar, cantar e bailar sen importar o ben que o fagan ou os anos que teñan. É unha festa de todos e para todos.
Queixumes dos pinos organiza Ruadas por toda a xeografía galega e pronto publicaremos o calendario de ruadas para o ano 2013.